Venres, 1 outubro, 2021
- Tematica
O Concello de Ames celebra o mes do dano cerebral coa exposición fotográfica "Punto e seguido". A mostra fotográfica comeza hoxe 1 de outubro e manterase ata o xoves 7 de outubro. A exposición coa que se pretende demostrar que hai vida despois do dano cerebral adquirido pode visitarse na Casa da Cultura do Milladoiro.