Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 18 de outubro de 2021

NOVAS

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado de Juan Garastegui, secretario xeral de Clun, ademais de Carmen Rodríguez, presidenta de Mulleres de Seu,  inauguraron hoxe no pazo da Peregrina de Bertamiráns o I Foro “O liderado das mulleres no rural galego”. A xornada,  coincidiu co ...

Este xoves, 14 de outubro, celebrouse un pleno extraordinario e urxente no que a Corporación municipal aprobou por unanimidade a Conta Xeral de 2020 e deuse conta das resolucións contrarias aos reparos formulados pola intervención. ...

O I Circuito de Golf TUR 43 afronta a súa recta final cunha dobre cita para esta fin de semana nas instalacións de Piñeiro que ademais de acoller o sábado,16 de outubre a gran final, será sede dun torneo paralelo que se comezará o venres e para o que xa están inscritos 135 golfistas, a mei ...

A concellaría de Benestar Social, da man da asociación Arcea-Adames, pon en marcha o proxecto “Movemento, consciencia e corporalidade”. Con este proxecto once membros da Asociación Arcea-Adames se van beneficiar dunha sesión quincenal de ximnasia para mellorar o seu benestar cotiá. O pro ...

“Métodos anticonceptivos” e “Elaboración dunha vulva-puff”. Estes son os dous obradoiros que a concellaría de Mocidade organiza dentro do programa de sexualidade positiva e saudable [con]sentido. Celebraranse no pazo da Peregrina o día 23 de outubro de 2021. O obradoiro de méto ...

AVISOS

O Departamento de Persoal publica a Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a por programa dun/dunha técnico/a de contratación. Premendo no enlace que está ao pé pódese ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde pon en marcha o Obradoiro Autoexplórate. Co gallo do Día do Cancro de Mama, que se vai celebrar o martes 19 de outubro, a concellaría de Benestar Social quere sensibilizar sobre a importancia da detención precoz con estes dous obradoiros. ...