- Tematica
A atleta María Villaverde Brea, do Club Ames Atletismo, debutou este sábado 23 de outubro na final B1 do Campionato de España de Atletismo sub-16 por equipos, disputado nas pistas de Camargo, en Cantabria. A xove deportista amesá tivo unha gran actuación, participando nas probas de lanzamento de peso e no relevo 4x100 metros, que conseguiu gañar xunto as súas compañeiras Nadia, Marta e Nerea cun tempo de 53,69 segundos. Por outra banda, Villaverde Brea rematou a final do lanzamento de peso en quinta posición, cun mellor intento de 6,45 metros.
A xove deportista amesá, nada no 2006, participou na competición como parte do equipo sub-16 de Atlética a Silva, de Ordes, o equipo líder dun proxecto conformado xunto ás formacións de Ames Atletismo, Atletismo O Pino e Club Escola de Atletismo Deza de Lalín.