- Tematica
A Concellaría de Medio Ambiente, a través do Departamento da Aula da Natureza, organizou unha saída micolóxica o pasado sábado 13 de novembro. Vintecinco persoas participaron nesta saída polo monte Iorite, non concello de Noia, na procura de cogomelos. O grupo estivo acompañado pola docente, Sira López, que os guiou na diferenciación e recoñecemento das diferentes especies.
A afección pola micoloxía non para de medrar en Ames e como mostra o éxito de convocatoria da saída micolóxica organizada pola Aula da Natureza o pasado 13 de novembro. A actividade realizouse nas ladeiras do monte Iorite, no concello de Noia, xa que o frío xa fixo desaparecer moitas das especies de fragas e prados. Ademais, o tempo seco da última semana non favoreceu a proliferación de fungos e cogomelos.
Ata Noia desprazáronse 25 participantes desexosos de adentrarse no mundo dos cogomelos e aprender a identificar as diferentes especies.
A docente, Sira López, conduciu aos asistentes na diferenciación e recoñecemento das diferentes especies. Durante a saída recolleron especies apreciadas como cantarelas e níscalos.
Ao mediodía o grupo fixo unha parada na praia de Boa para comer. E tras un breve descanso realizaron unha nova inspección polos piñeirais próximos.