Venres, 8 abril, 2022
ás 20:30 horas
- Tipo
- Tematica
“GOLFA” é unha comedia transmedia sobre a sexualidade dende as artes escénicas, orixinalmente programada para o 25 de marzo. Finalmente, e tras ser adiada, a compañía Crémilo Proxectos Culturais e Dist. Espectáculos levará esta peza á Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 8 de abril, ás 20:30 horas. As entradas xa poden adquirirse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Unha mañá aparece diante da porta dun instituto una pintada que reza “golfa”, un insulto anónimo que descobre a historia que o precede.
Comedia transmedia sobre a sexualidade desde as artes escénicas.