- Tematica
O pasado xoves, 10 de febreiro, dende a Concellería de Economía e Facenda enviouse o borrador do anteproxecto de Orzamentos 2022 do Concello de Ames aos representantes dos grupos da oposición: Partido Popular e Grupo Mixto integrado polos concelleiros de Ames Novo e Ciudadanos. Deste xeito, abriuse un prazo de 11 días para que os diferentes grupos fixeran as súas achegas rematando dito prazo o luns 21 de febreiro de 2022. O Concello xa recibiu as propostas do Partido Popular que están a ser obxecto de estudo.
O pasado xoves, 17 de febreiro, o Goberno municipal representado polo alcalde, Blas García, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, e os/as concelleiros/as David Santomil e Luísa Feijóo, en calidade de voceiros/as das formacións que integran o Goberno de Ames, xuntáronse cos voceiros/as dos grupos da oposición, Oliva Agra, do grupo municipal popular, Quique Costas de Ames Novo, pertencente ao grupo mixto, e José Ramón Oulego de Ciudadanos, tamén pertencente ao grupo mixto, para presentarlles o borrador de Orzamentos 2022.
O Goberno municipal leva xa varios meses traballando na elaboración do borrador de Orzamentos 2022, establecendo como prioridade a súa aprobación para principios de ano e traballando durante este ano 2022 nun escenario onde a Covid-19 segue a estar presente máis xa volvendo á normalidade. Un ano que será decisivo e no que continuarán desenvolvéndose os programas que se puxeron en marca para a recuperación económica e dinamización da economía local, coma son as actuacións e investimentos do Plan Ames Progresa, así coma investimentos da EDUSI, entre outros.
O Orzamento que finalmente se presentará, á espera de ultimar a negociación pendente, superará a cifra de 28.500.000 euros e quere dar resposta ás novas melloras e necesidades que xorden nos servizos ampliando e reforzando estas partidas, así como seguir apostando polos investimentos, reforzando para isto o capítulo de Persoal (Capítulo I) que se está a negociar na Mesa Xeral de Negociación.
Precisamente este pasado mércores, 23 de febreiro, celebrouse á Mesa Xeral de Negociación que levaba como único punto a negociación dos cadros de persoal do Orzamento 2022. Mañá venres 25 de febreiro, ás 14:00 horas, está convocada novamente a Mesa Xeral de Negociación para pechar o cadro de persoal do Orzamento 2022.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Presupuesto a la baja por 28,5 millones para finiquitar la covid"