- Tematica
A Concellaría de Servizos Sociais colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) na campaña Vacacións en Paz 2022. A asociación busca a colaboración un ano máis da veciñanza amesá para a acollida de nenos e nenas saharauís durante dous meses de verán. As persoas interesadas poden enviar un correo ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 986 262 637.
O Concello de Ames e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) colaboran na campaña Vacacións en Paz 2022, un programa de acollida co que centos de nenos e nenas saharauís pasan o verán en Galicia dende hai máis de 20 anos.
Grazas a esta iniciativa, a rapazada pode escapar das altas temperaturas do verán nos campamentos de refuxiados e someterse a diversos exames médicos, inalcanzables na súa vida diaria. Ademais, este programa posúe un gran valor cultural tanto para os nenos e nenas saharauís como para as galegas e as familias acolledoras.
Dende o Concello de Ames animan a todas aquelas persoas que estean interesadas en vivir unha experiencia única e inesquecible, e que queiran solidarizarse co pobo saharauí, a que acollan na súa casa durante os dous meses de verán a unha rapaza ou a un rapaz. Para isto, cómpre que se poñan en contacto con SOGAPS, enviando os seus datos ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com, ou ben chamando ao número de teléfono 986 262 637.
Os responsables do programa Vacacións en Paz poñeranse en contacto con cada persoa ou familia que estea interesada no proxecto, co fin de informalos do proceso que hai que seguir para acoller ou para resolver dúbidas e aportar máis información ao respecto.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Sogaps busca colaboración da veciñanza para acoller saharauís"
Lindeiros: "Unha oportunidade para o acollemento"
Compostela 24 Horas: "SOGAPS busca familias para acoller a nenas e nenos saharauís co seu programa Vacacións en Paz 2022"