- Tipo
- Tematica
Como parte do programa do Mes da Saúde, do 19 ao 22 de abril programáronse unha serie de catro actividades de mantemento físico que se desenvolverán na zona exterior do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para participar nestas propostas hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.
A primeira será o martes, 19 de abril, ás 16.30 horas, nos xardíns do Pazo, onde se vai impartir durante unha hora ioga terapéutico adaptado. Para participar nesta actividade hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.
O mércores, 20 de abril, realizaranse dúas actividades máis nos xardíns do Pazo. A primeira, que se desenvolverá de 16.30h a 18.30 horas, estará centrada en xogos infantís e ten por título Pesca o teu menú e un prato con moito tino. Este mesmo día, ás 17.30 horas, farase outra actividade de marcha nórdica consciente (pre-pilates e exercicios bioenerxéticos), que terá unha duración aproximada de hora e media. Para participar nesta actividade hai que levar unha esterilla e hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.
O xoves, 21 de abril, dende as 17.30 horas, haberá unha nova andaina do programa SaúdeAndo que saíra dende o centro de saúde do Milladoiro. Por último, o venres 22 de abril, ás 16.30 horas, nos xardíns do Pazo da Peregrina, impartirase unha sesión de taichi-chikung a cargo da asociación ConArtritis. Terá unha duración aproximada dunha hora. Neste caso, as/os participantes terán tamén que levar unha esterilla e hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal.