Pestanas principais

Abre o prazo para participar nas sesións de narrativa oral de maio das bibliotecas, para crianzas de 3 a 8 anos

Luns, 25 abril, 2022
Dende este luns 25 de abril está aberto o prazo para inscribirse na actividade de maio de animación á lectura para a rapazada de Ames de 3 a 8 anos. “Vexo-vexo, que ves?” é a proposta de narrativa oral deste mes das bibliotecas amesás, que contará con tres sesións de contacontos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, sempre ás 17:30 horas. Na biblioteca do Milladoiro a actividade desenvolverase os días 4, 5 e 6 de maio, mentres que en Bertamiráns terá lugar os días 18, 19 e 20.

Para reservar praza nestas sesións de animación á lectura, de aforo limitado, cómpre poñerse en contacto co Departamento de Bibliotecas de Ames, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Por outra banda, pódese solicitar a inscrición falando directamente coa biblioteca á que se desexe asistir: para a biblioteca do Milladoiro, consultando no 981 53 08 07, mentres que para a de Bertamiráns, chamando ao 981 88 48 29.

“Vexo-vexo, que ves?”

“Vexo-vexo, que ves?” é a proposta de maio de narrativa oral das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 4,5 e 6 de maio, mentres que en Bertamiráns parará os días 18, 19 e 20, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto para as sesións na biblioteca do Milladoiro, dende este mesmo luns 25 de abril e ata o día 30, chamando ao 981 53 08 07 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

Pola súa banda, as inscricións para a biblioteca de Bertamiráns abrirán do luns 9 ao sábado 14 de maio, para as que haberá que chamar ao 981 88 48 29, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

Multimedia