- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o sábado, 18 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:30 horas. A través desta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada Achégate ao piragüismo consistirá nunha sesión de portas abertas á que poderán asistir todas aquelas persoas maiores de 7 anos interesadas nesta actividade, sempre e cando saiban nadar. Para participar nesta actividade gratuíta, que require inscrición previa a través do correo electrónico info@ribeirasdotambre.es, hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas.
Coa chegada do verán, as actividades e deportes acuáticos convértense nunha alternativa óptima e refrescante para divertirse e gozar na natureza. Con este obxectivo, a Concellaría de Deportes organiza, un ano máis, unha xornada de iniciación ao piragüismo o sábado, 18 de xuño, na praia fluvial de Tapia. Durante a mañá, os e as participantes aprenderán a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente. Esta actividade desenvolverase en horario de 11.00 a 13.00 horas.
Así, todas as persoas que desexen iniciarse no deporte do piragüismo poderán participar e gozar desta xornada de portas abertas que se celebra todos os anos. Os únicos requisitos para participar na actividade serán ter máis de 7 anos e saber nadar. Asemade, recoméndase o uso de traxe de baño, camiseta, e chancletas. O Concello de Ames conta coa colaboración do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre, que se encarga de organizar e impartir esta actividade. Ademais, cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña.
Para participar nesta actividade, que é gratuíta, hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo info@ribeirasdotambre.es. Para máis información poden enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 619 842 504.