Sábado, 23 xullo, 2022
Ás 21:00 horas
- Tipo
- Tematica
Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar este sábado, 23 de xullo, a partir das 21.00 horas.
Este ano refórzase o programa coa actuación de dous grupos. Ás 21.00 horas actuará o grupo amesá As Maianas e ás 22.00 horas será a quenda do grupo vigués Caldo. O escenario será A Ponte Maceira, que vén de ser declarada ben de interese cultural (BIC). Ao remate dos concertos haberá fogos de artificio. Neste programa colabora a Xunta de Galicia a través do programa Cultura no Camiño.