Pestanas principais

O Concello de Ames colabora con ANEDIA con contacontos e tinguindo de azul a Casa do Concello con motivo do Día Mundial da Diabetes

Luns, 14 de novembro de 2022

Hoxe 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes. Co gallo deste acontecemento haberá dúas sesións de contacontos con Raquel Queizás "Historias azuis" no CEP de Ventín. Ademais, a Casa do Concello tinguirase de luz azul e proxectarase un vídeo elaborado por ANEDIA nas pantallas que están situadas na Casa do Concello e nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. As accións completaranse coa difusión nas redes sociais municipais da celebración. O obxectivo é darlle visibilidade a dita enfermidade que ano tras ano segue aumentando a súa incidencia. Premendo nesta ligazón podes descargar o conto “Os bolechas saben o que é a diabetes”.

Os obxectivos das accións que organiza o Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social e Promoción da Saúde, co gallo do Día Mundial da diabetes, son visibilizar a enfermidade, suliñar a necesidade de seguir investigando en tratamentos que melloren a vida dos doentes e conseguir que a cidadanía se conciencie da necesidade de adoptar hábitos de vida saudable que preveñan a enfermidade e facer revisións que permitan detectala a tempo.

O día mundial da diabetes é o 14 de novembro. Ata o descubrimento da insulina todas as persoas con diabetes tiñan unha morte asegurada, co seu descubrimento todo cambiou, e a partir de aí, aínda que non existe de momento unha cura, si existe un tratamento. Un ano máis o obxectivo de dita celebración e darlle visibilidade a dita enfermidade.

O Concello de Ames desenvolverá unha serie de accións en colaboración con ANEDIA. Deste xeito, co gallo de dita conmemoración haberá dúas sesións de contacontos con Raquel Queizás "Historias azuis" no CEP de Ventín. Ademais, a Casa do Concello tinguirase de luz azul e proxectarase un vídeo elaborado por ANEDIA nas pantallas que están situadas na Casa do Concello e nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. As accións completaranse coa difusión nas redes sociais municipais da celebración.

ANEDIA (Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia) dá soporte á diabetes tipo 1, unha enfermidade crónica e autoinmune, coa que conviven máis dun milleiro de alumnos dos centros educativos galegos e varios miles de galegos e galegas. ANEDIA lembra que esta é “unha enfermidade que ano tras ano segue aumentando a súa incidencia”.

Para a concelleira de Benestar e Promoción de Saúde “é moi importante sensibilizar sobre este tipo de doenzas e sobre todo dalas a coñecer para poñer o foco na prevención e sobre todo na desmitificación de determinados aspectos”.

Luísa Feijóo engade que “no caso da diabetes é importante saber diferenciar entre o tipo I e o tipo II e sobre todo unha vez que aparece a enfermidade saber a onde dirixirse, quen e onde nos poden axudar, apoiar, informar, especialmente nos casos dos nenos e das nenas”.

Neste senso a concelleira suliña a necesidade de transmitir que a doenza “non é para nada invalidable, que se pode seguir levando unha vida totalmente normalizada e acudindo a actividades, excursións ou nun determinado momento tomar un zume” A concelleira rematou gabando o “o labor tan importante que fan as asociacións”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Respaldo municipal contra la diabetes"

Cartaz do Día Mundial da Diabetes

Multimedia

  • Cartaz do Día Mundial da Diabetes
  • Embedded thumbnail for