Venres, 18 novembro, 2022
Ás 20:30 horas
- Tipo
- Tematica
A compañía teatral La Santa Compañía presenta este venres 18 de novembro a obra de teatro "Lo del 75" no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. Trátase dunha comedia de humor absurdo escrita e dirixida por Irene Miranda. Narra a historia de Ofelia e Fermín, unha parella que vive en Torrillo ata o momento no que a el o contratan como arquitecto, cando deben comezar a tomar drásticas decisións. As entradas para asistir a este espectáculo pódense adquirir na Billeteira electrónica.