- Tipo
- Tematica
As actividades da programación de Nadal continúan este xoves, 22 de decembro, ás 20:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, co espectáculo “Isto é Rock” que forma parte do AmesOn de Nadal. Trátase dun espectáculo familiar sobre a historia do rock con música en vivo baseada no libro infantil “Isto é rock!” de Javier Becerra. No repertorio inclúense temas como “Waterloo” (Abba), “Satisfaction” (The Rolling Stones), “Piece Of My Heart” (Janis Joplin), “Blitzkrieg bop” (Ramones), “Bohemian Rapsody” / “We Will Rock You” (Queen) ou “Highway To Hell” (AC/DC), entre outros.
A programación Nadal en Ames inclúe o espectáculo familiar “Isto é Rock”, que se enmarca no AmesOn de Nadal e está organizado pola Concellaría de Promoción Económica. Trátase dun espectáculo familiar sobre a historia do rock con música en vivo baseada no libro infantil “Esto es rock” / “Isto é rock!” de Javier Becerra (publicado por Hércules Edicións en castelán e galego). Trátase da continuación de “¡Esto es pop!”, un éxito editorial que tivo dúas edicións e que tamén contou cun espectáculo con música en directo.
Durante o espectáculo Javier Becerra explica, de maneira cronolóxica e interactuando cos nenos e nenas, os artistas máis significativos da historia da música rock, cal foi a súa achega e que supuxeron na evolución do xénero. O acompañamento musical faino Carolina Rubirosa (guitarra, voz e percusión), artista galega con ampla experiencia e traxectoria tanto en solitario como á fronte de The Funkles, xunto a Rafa Otero (guitarra e voz).