- Tipo
- Tematica
Os alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP de Barouta presentarán este xoves, 15 de decembro, a Gala de Nadal da escola, que ten como obxectivo a recadación de fondos para a realización da excursión de fin de curso. Será ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas, que teñen un custo de 5 euros, poden adquirirse na tenda Vainilla y Chocolate, en Bertamiráns, na conserxería do centro ou na propia Casa da Cultura, antes de que dea comezo o espectáculo.
O grupo teatral do IES de Brión, Teatro das Maniotas, representará o musical “O banco”, dirixido por Ari Álvarez e Loly Santos. Trátase dunha función humorística e para todos os públicos, e nela participará o propio alumnado de sexto de primaria, que fará unha intervención especial ao remate. A obra, duns 90 minutos de duración, xa foi presentada ao público nas localidades de Brión, Santiago e Rois, así como en Portugal, e conta con quince actores.