- Tematica
A xornada celebrarase o 24 de febreiro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e estará organizada polo Concello de Ames, en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e Oporto. Participan ponentes de España e Portugal. Os principais temas a debate estarán relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, en particular co ODS 11 de "cidades e comunidades sostibles".
O Concello de Ames vai acoller o vindeiro venres, 24 de febreiro, a primeira Tribuna Académica de cidades e comunidades sostibles do noroeste peninsular. Será no Pazo da Peregrina Bertamiráns e contará con ponentes de España e Portugal. Esta xornada que xira entorno ao Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 estará organizada polo Concello de Ames en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e Oporto.
Entre outros aspectos abordarase o modelo de xestión dos programas municipais de conciliación da vida laboral e familiar de Ames, a compra pública de produtos de proximidade, a redución de residuos e a compostaxe, a loita contra o cambio climático, o proceso de descarbonización e a mobilidade sostible, que fan de Ames un referente nas políticas públicas municipais do noroeste peninsular.
Na xuntanza de coordinación desta Tribuna Académica participou o concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, xunto cos catedráticos das Universidades de Santiago de Compostela, Rubén C. Lois, e da Universidade de Oporto, Jose Alberto Rio Fernándes. Durante o mes de xaneiro elaborarase o programa definitivo, que contará con destacados ponentes das universidades de España e Portugal.
Observatorio Municipal de Educación
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, creou no ano 2016 o Observatorio Municipal de Educación. Dende aquela elaboráronse diferentes estudos e informes relacionados coa xestión sostible dos comedores escolares municipais de Ames, así como a viabilidade económica e financeira dos programas de conciliación da vida laboral e familiar de Ames.
O primeiro estudo, elaborado no ano 2016 pola Universidade de Santiago, abordou as necesidades educativas a través da diagnose demográfica e de distribución territorial do concello de Ames, fundamental para a solicitude de novos equipamentos. Dous anos despois elaborouse o informe definitivo sobre o perfil socioeconómico e laboral das familias usuarias dos comedores escolares municipais de Ames, co obxectivo de identificar a realidade familiar e reorganizar o servizo na procura dunha mellor eficiencia.
No ano 2019 elaborouse por parte da Universidade de Vigo un Plan económico e financeiro da Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames, co obxectivo dunha maior sustentabilidade económica e contable. De seguido, publicáronse por parte do mesmo equipo de investigación varios artigos en revistas especializadas.
Premendo nesta ligazón poden consultarse os documentos.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "El Pazo da Peregrina va a ser la capital de las urbes sostenibles del noroeste"
AMS GO!: "Ames acolle unha Tribuna Académica hispanolusa de cidades e comunidades sostibles"