Pestanas principais

> Apego: "Este queixo queixolán"

Xoves, 11 maio, 2023
Ás 18:00 horas

Continúa a programación do programa Apego cunha nova actividade a cargo de Pavís Pavós. Desta volta, organízase o contacontos “Este queixo queixolán” que se vai a realizar este xoves 11 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas.  As persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome, apelidos, idades dos rapaces/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2023 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O xoves, 24 de maio, ás 18.00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle unha nova actividade do programa Apego. Trátase de “Este queixo queixolán”, un espectáculo de Pavís Pavós, que nos traerá unha maleta cargada de contos, cantos, arrolos e xogos recuperados da tradición oral, e enriquecerá as familias e as súas crianzas con recursos moi divertidos, lúdicos e cheos de apego. Este contacontos está dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

O taller é de balde, e as familias interesadas en participar deben enviar un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos dos asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que vaian a acudir. O prazo de inscrición está aberto ata este mércores 10 de maio. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes.