Xoves, 30 marzo, 2023
Ás 17:00 horas
- Tipo
- Tematica
Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 30 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Alimentación saudable", impartida por Alicia Rivas Casais. Será na Casa da Cultura do Milladoiro.
