Pestanas principais

O alcalde e maila concelleira de Promoción Económica reúnense cos xerentes do centro comercial As Cancelas e Carrefour Santiago

Venres, 03 de marzo de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mantiveron unha xuntanza o pasado 28 de febreiro cos xerentes do centro comercial As Cancelas, Javier Nicola Blanco, e de Carrefour Santiago, Hugo Rodríguez Álvarez. En dito encontro abordaron posibles vías de colaboración para poder facer actuacións de promoción do Concello de Ames no centro comercial e tamén para poder colaborar en cuestións de emprego con Carrefour Santiago.  

Este pasado martes, 28 de febreiro, o alcalde e maila concelleira de Promoción Económica mantiveron unha xuntanza co xerente do centro comercial As Cancelas, Javier Nicola Blanco, co obxectivo de abordar posibles vías de colaboración entre dito centro comercial e mailo Concello de Ames, de cara a realizar actividades de promoción do Concello nas instalacións de dito centro comercial. O Concello de Ames xa ten realizado diversas campañas informativas e exposicións noutros centros comerciais de Santiago de Compostela.

Nesta mesma xuntanza participou o xerente de Carrefour Santiago, Hugo Rodríguez Álvarez. Neste caso abordáronse cuestións relacionadas co emprego e concretamente co programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión. O alumnado que participa en dito programa realiza prácticas non laborais en empresas, polo que se falou da posibilidade de que poidan realizar prácticas en Carrefour Santiago. Na actualidade 100 persoas desempregadas están participando no programa integrado de emprego Ames - Brión 2023.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, indica que “foi unha xuntanza de traballo moi proveitosa para que de cara ao futuro o Concello de Ames poida realizar no centro comercial As Cancelas algún tipo de actividade promocional dos recursos comerciais que ten Ames. Ademais tamén se lle solicitou colaboración ao xerente de Carrefour Santiago para o alumnado do programa integrado de emprego poida realizar prácticas non laborais neste centro”.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "O Goberno local tece lazos cos centros comerciais de Compostela"

Imaxe da xuntanza entre o alcalde e maila concelleira de Promoción Económica cos xerentes do centro comercial