Pestanas principais

Nuno Castro, do club Millaraio, logra a medalla de bronce no Campionato de España de lanzamento de xavelina

Mércores, 05 de abril de 2023

O atleta Nuno Castro Albán, do club amesán Millaraio, vén de obter a medalla de bronce no Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos de Menores, celebrado a pasada fin de semana en Castellón. Castro Albán participou na proba de lanzamento de xavelina, na categoría sub16.

A cidade de Castellón acolleu os días 1 e 2 de abril o Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno, no que participou o atleta Nuno Castro, do club Millaraio, tras proclamarse campión galego. O deportista, que disputou a proba de lanzamento de xavelina, na categoría sub16, completou unha excelente actuación, e no seu quinto lanzamento logrou unha marca de 46,52 metros, que lle valeu o terceiro posto.

A medalla de bronce no certame estatal chega tras a gran vitoria lograda por Castro Albán na fin de semana anterior, cando participou no Campionato de España de Pista Cuberta sub16 celebrado en Ourense, acadando un quinto posto nas probas combinadas (hexatlón), nas que loitou polo podio ata as últimas probas (os 60 metros valos, nos que tivo un tropezo, e os 1000 metros).

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Nuno Castro, do club Millaraio, bronce no Campionato de España de lanzamento de xavelina"

Nuno Castro (dereita) alzouse co terceiro posto

Multimedia

  • Nuno Castro, do club Millaraio, logra a medalla de bronce no Campionato de España de lanzamento de xavelina