Pestanas principais

A Policía Local de Ames conta dende este martes con dous vehículos híbridos

Mércores, 03 de maio de 2023

O parque automobilístico da Policía Local de Ames renóvase con dous novos vehículos. Trátase de dous coches híbridos rotulados e totalmente equipados para as funcións do corpo policial. Estes coches chegan logo de que a Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobase o expediente de contratación do subministro de dous vehículos híbridos baixo a modalidade de renting.

O oficial da Policía Local de Ames acompañado doutro axente do corpo amesá recollían este martes, 2 de maio, os dous vehículos cos que verán reforzado o seu parque automobilístico. Son dous vehículos híbridos da marca Ford que chegan rotulados e equipados cun kit de detidos e un desfibrilador.

O corpo da Policía Local de Ames, integrado por un total de 21 efectivos en activo, contaba cun parque automobilístico que estaba composto por tres vehículos e dúas motos para desenvolver o seu traballo. Estes vehículos rexistran un uso intensivo (todos os días á semana durante practicamente 24 horas), polo que a Policía Local manifestara a necesidade de dispor duns vehículos novos.

Co obxectivo de renovar o parque automobilístico da Policía Local, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou en agosto de 2022 o expediente de contratación do subministro de dous vehículos híbridos baixo a modalidade de renting adscritos á Policía Local do Concello de Ames. Unha vez finalizado o proceso de contratación, a Xunta de Goberno Local aprobou o 2 de febreiro de 2023 a adxudicación deste servizo, para que fora a empresa Autos Iglesias SL a que se encargara de subministrar dous novos vehículos híbridos.

O contrato asinouse o pasado 1 e marzo e terá unha duración de 48 mensualidades, sen posibilidade de prórroga dende a sinatura da acta de recepción dos vehículos. A acta asinábase onte, 2 de maio, cando dous axentes da Policía de Local recolleron os dous novos vehículos.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "La Policía amesana recibe dos vehículos de carácter híbrido"

Enfoques: "La Policía Local de Ames cuenta con dos nuevos vehículos híbridos"

A Policía Local de Ames conta dende este martes con dous vehículos híbridos

Multimedia

  • A Policía Local de Ames conta dende este martes con dous vehículos híbridos
  • A Policía Local de Ames conta dende este martes con dous vehículos híbridos
  • A Policía Local de Ames conta dende este martes con dous vehículos híbridos
  • A Policía Local de Ames conta dende este martes con dous vehículos híbridos
  • A Policía Local de Ames conta dende este martes con dous vehículos híbridos