Pestanas principais

Información sobre as obras da améndoa central en Bertamiráns

Venres, 5 maio, 2023
O alcalde de Ames, Blas García, vén de publicar un bando informativo sobre as obras da améndoa central en Bertamiráns.

Con motivo do avance da execución das obras da creación da améndoa central, incluída na EDUSI Impulsa Ames, o próximo luns 8 de maio procederase ao corte da circulación na Travesía da Peregrina (entre a avenida da Maía e a rúa Rueiro), na zona sinalada en vermello no propio bando. Dito corte durará mentres se executen as obras na vía.

Por outra banda, infórmase que se van a habilitar as zonas de carga e descarga sinaladas en cor amarelo no bando municipal.