- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de maio unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Ecoparque Multiaventura de Marín. Nel, os participantes poderán gozar de circuítos suspendidos nas árbores con máis de 70 xogos, salvando obstáculos como lianas, tirolinas, rocódromos, redes, pontes de mono, troncos, táboas... para demostrar a súa habilidade e destreza en altura. A actividade desenvolverase o sábado 27, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Os mozos e mozas interesados en participar deben anotarse enviando a ficha de inscrición cuberta ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 10 e 14 de maio. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de chegada dos correos.
Os rapaces e rapazas deberán ir provistos con calzado cómodo de sola dura (deportivos ou de montaña), roupa cómoda, gorra, crema solar, e, en caso de telos, de guantes sen dedos. A empresa aportará o material necesario restante (arnés, cascos, etc).
Será preciso contar cun mínimo de 20 mozos/as para desenvolver a actividade. Para calquera dúbida pódese contactar co departamento de Xuventude escribindo ao seu enderezo electrónico, xuventude@concellodeames.gal.