Pestanas principais

Listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2023

Martes, 9 maio, 2023
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2023. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Nestas listaxes indícase en que campamentos é necesario facer sorteo, que se realizará o día 11 de maio no salón de plenos da Casa do Concello, ás 12:00 horas. A información completa sobre o proceso de inscrición pódese consultar nas bases do programa.

Matrícula
O prazo de matrícula estará aberto dende o 19 ata o 31 de maio. Para facer a inscrición débese presentar:

-Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.

-Copia da tarxeta sanitaria.

-Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

-Ficha de coñecemento persoal para o campamento Alvarella Fragas do Eume 2ª quenda (se é preciso).

Presentarase preferiblemente a través do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).

Os impresos para facer efectivo o pagamento de cada campamento (impreso de autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado por cada usuario/a na fase de preinscrición. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.

Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamando ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Xuventude, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a xuventude@concellodeames.gal.

Multimedia