Mércores, 24 maio, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os resultados da baremación de méritos presentados para prazas de persoal fixo - descontinuo (escola de música, tractorista, persoal de cociña e persoal de servizos xerais), incluídas no proceso selectivo de estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público de 2022.
As actas recollen a baremación realizada durante a primeira sesión dos Tribunais, referida á valoración dos/as candidatos/as. Haberá 5 días hábiles para presentar reclamacións ás puntuacións outorgadas dende a publicación deste anuncio na páxina web municipal. O prazo remata o 31 de maio.
> Premendo nesta ligazón podes acceder ao proceso selectivo ao completo