- Tematica
Este mércores, 14 de xuño, ás 20:30 horas, celebrarase o último pleno do actual mandato. Nesta sesión plenaria aprobarase, se procede, a acta do pleno ordinario de maio celebrado o pasado 11 de maio, que está pendente de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 17 de xuño, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2023-2027 no que se desenvolverá o acto de investidura.
Tal e como recolle o artigo 36 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) procede celebrar tres días antes da sesión constitutiva da nova Corporación Local, que terá lugar o sábado, 17 de xuño, unha última sesión plenaria co fin de aprobar as actas anteriores.
Deste xeito, nesta sesión plenaria aprobaranse, se procede, a acta do pleno ordinario de maio (celebrado o día 11 de maio), que está pendente de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 17 de xuño, comezará un novo mandato. Deste xeito, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2023-2027 no que se desenvolverá o acto de investidura.
Comisións informativas
Ademais, previamente ao inicio do pleno realizarase unha sesión extraordinaria das comisións informativas (Comisión Informativa permanente de Educación, Cultura, Lingua e Mocidade; Comisión Informativa Permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas; Comisión Informativa permanente Benestar Social e Promoción da Saúde; Comisión informativa permanente de Transición Ecolóxica; Comisión Informativa permanente Desenvolvemento Urbano, Patrimonio Municipal, Medio Ambiente e Obras e Servizos; e Comisión informativa permanente de Administración Xeral e Atención Veciñal), para abordar as actas que están pendentes de aprobación.