Luns, 26 xuño, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa do aprazamento do día de constitución do Tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo de estabilización de dezanove prazas de auxiliar administrativo, visto que dito Tribunal non se poderá reunir na data fixada (27 de xuño de 2023) por falta de quórum. Polo tanto, queda adiada a súa constitución ata coñecemento de nova data, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP), no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web municipal.
Descargas: