Pestanas principais

Os “Seráns de Ames” estréanse este xoves 6 co pregón de Josito Porto e a actuación do coro Son Elas

Mércores, 05 de xullo de 2023

Este xoves, 6 de xullo, a praia fluvial de Tapia acolle a inauguración dunha nova edición dos “Seráns de Ames”, un programa que durante os meses de xullo e agosto levará un total de doce actividades ás parroquias de Tapia e Bugallido. A primeira xornada dará comezo ás 19:30 horas, cun pregón inaugural que correrá a cargo de Josito Porto, actor e veciño amesán, e coa actuación do coro Son Elas. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación ao completo dos “Seráns de Ames”.

Esta semana comeza unha nova edición dos “Seráns de Ames”, unha programación de verán para todos os públicos que volve ao concello de Ames por terceiro ano consecutivo, despois de que no ano 2021 se estrease a iniciativa na praia fluvial de Tapia e no 2022 se ampliase á parroquia de Bugallido. Como en anteriores edicións, as doce actividades que conforman o programa desenvolveranse todos os xoves dos meses de xullo e agosto, case sempre ás 19:30 horas.

Deste xeito, mañá, 6 de xullo, arranca a iniciativa, posta en marcha pola concellaría de Cultura. A partir das 19:30 horas terá lugar a lectura en Tapia do pregón inaugural, que correrá a cargo do actor e veciño amesán Josito Porto. Deseguido, o coro Son Elas ofrecerá unha actuación.

As actividades continuará tamén ao longo do resto de xullo. O xoves 13 será a quenda de Bugallido, ata onde se desprazará A banda do verán co seu espectáculo musical “A danza do verán”. Será ás 19:30 horas. Trátase dun concerto pensado para público infantil. Xa o xoves 20, terá lugar en Tapia a actuación de Pablo Balseiro & Los Cascarillas, tamén ás 19:30 horas. Para pechar o mes, haberá dobre sesión de “Narradores no serán”, con Quico Cadaval e Celso Sanmartín, en Bugallido, o día 27 ás 19:30 horas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Os Seráns de Ames comezan hoxe co pregón de Josito Porto e a actuación do coro Son Elas"

Enfoques: "Los Seráns de Ames vuelven este jueves con Son Elas y el pregón de Josito Porto"

Josito Porto será o pregoeiro dos Seráns de Ames 2023

Multimedia

  • Cartaz dos Seráns de Ames 2023