Martes, 18 xullo, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio da nova data de constitución do Tribunal do proceso selectivo de estabilización por concurso (disposición adicional sexta) de 19 prazas de auxiliar administrativo/a. Tamén se publica a lista definitiva de admitidos e excluídos, nomeamento e constitución do tribunal de varios procesos selectivos de estabilización (prazas por concurso das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021).
O tribunal do proceso selectivo de estabilización por concurso (disposición adicional sexta) de 19 prazas de auxiliar administrativo/a reunirase o xoves 20 de xullo, ás 09:30 horas, para iniciar o proceso selectivo.
Na lista definitiva de admitidos e excluídos, nomeamento e constitución do tribunal de varios procesos selectivos de estabilización (prazas por concurso das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021), as datas de constitución do Tribunal refírense ao mes de xullo e non ao de xuño como se publicou por erro.