Martes, 22 agosto, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta de constitución do Tribunal encargado de xulgar as probas do proceso selectivo para a estabilización por concurso de dezanove prazas de auxiliar administrativo/a. Ademais, faise público o resultado da baremación de méritos das persoas aspirantes.
Outórgase un prazo para presentación de alegacións ou reclamacións contra a puntuación outorgada na fase de concurso de cinco (5) días hábiles a computar dende o seguinte ao da publicación das puntuacións obtidas na fase de concurso. Aquelas poderán presentarse en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.