Pestanas principais

A escola amesá Dokkodo ofrece xornadas de portas abertas de karate e Nihon Taijistsu no mes de setembro

Martes, 29 de agosto de 2023

A escola amesá de karate Dokkodo inicia a partir do mes de setembro unha nova tempada deportiva con xornadas de portas abertas, que se desenvolverán na localidade de Bertamiráns os martes e xoves. Os participantes poderán probar tanto a práctica do karate como a do Nihon Taijitsu, sen necesidade de contar con experiencia previa. Para máis información e inscricións pódese premer nesta ligazón.

As persoas interesadas en coñecer o karate e explorar a práctica do Nihon Taijitsu poden participar a partir do mes de setembro nas xornadas de portas abertas da escola amesá de karate Dokkodo. As clases impartiranse tanto en Betamiráns como en Bembibre. No caso de Bertamiráns, os martes e xoves haberá portas abertas de karate infantil (de 17:00 a 17:50 horas), xuvenil (de 18:00 a 19:00 horas) e de adultos (de 19:00 a 20:00 horas). En Bembibre as clases impartiranse os luns e mércores. Haberá karate infantil de 18:00 a 18:50 horas. Para participar non é preciso ter experiencia previa.

O karate é un deporte que mellora a condición física, a confianza e a autodisciplina. Por outra banda, a escola tamén está a presentar unha nova actividade: o Nihon Taijitsu. O Nihon Taijitsu é unha arte marcial xaponesa que se enfoca na defensa personal efectiva a través de técnicas de golpeo, proxeccións e sumisións. Cunha filosofía que promove a adaptabilidade e o control eficiente do corpo, trátase da escolla perfecta para aqueles que buscan un enfoque integral na arte marcial.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo premendo nesta ligazón. As prazas son limitadas. Para contactar coa escola pódese chamar aos teléfonos 696 677 311 ou 609 053 664, ou escribir ao enderezo electrónico karatedokkodo@gmail.com ou ás súas redes sociais Facebook e Instagram.

Cartaz das xornadas de portas abertas

Multimedia

  • Cartaz das xornadas de portas abertas