Mércores, 6 setembro, 2023
- Tipo
- Tematica
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolle o mércores 6 de setembro a partir das 18:00 horas unha nova actividade do programa Apego: as Brincadeiras Miúdas. Cé Orquestra Pantasma e Miudiño propóñennos pasar unha tarde chea de música, xogos tradicionais e obradoiros de creación libre de xoguetes con materiais naturais.
A actividade, de balde, está dirixida ao público familiar e para participar non é necesaria inscrición previa.
