Pestanas principais

Aprazadas para a vindeira semana as dúas primeiras xornadas da iniciativa "Volta ao cole co comercio" pola previsión meteorolóxica

Martes, 5 setembro, 2023
A iniciativa "Volta ao cole co comercio", que se ía desenvolver a partir das 17:00 horas de hoxe, 5 de setembro, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, queda adiada polas inclemencias meteorolóxicas, posto que se agardan choivas para esta tarde. A xornada de onte, que ía ter lugar no parque verde do Milladoiro, tamén tivo que ser suspendida pola previsión de tormentas. O evento aprázase para o mércores 13 de setembro no Milladoiro e para o xoves 14 de setembro en Bertamiráns, e celebrarase nos mesmos horarios e ubicacións.

"Volta ao cole co comercio” é unha proposta que se desenvolverá por segundo ano consecutivo e que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso lectivo, con actividades para a rapazada e sorteos de vales de compra.