- Tipo
- Tematica
Esta é unha das principais novidades que se inclúen na programación de outono da Aula da Natureza deste ano. Trátase dunha saída para recoller castañas que inclúe xantar, magosto e unha charla – coloquio. Será o sábado 14 de outubro.
De 11.30 a 14.00 horas farase unha saída para recoller castañas polos camiños da parroquia de Piñeiro. De seguido, de 14.00 a 15.30 horas, haberá un xantar conxunto no local social de Piñeiro. Tralo xantar, de 15.30 a 16.30 horas, realizarase un magosto e tamén haberá un obradoiro infantil. Para pechar a programación de dita actividade, impartirase de 16.30 a 17.30 horas, a charla – coloquio As castañas do meu castiñeiro. As persoas que así o desexen poderán asistir de xeito individualizado a calquera das actividades da xornada.
Os nenos e nenas poderán asistir acompañados por persoal da Aula da Natureza. Trátase dunha actividade que tamén está dirixida a todos os públicos. A inscrición estará aberta ata o 12 de outubro. Haberá servizo de autobús dende O Milladoiro, Bugallido e Bertamiráns.
Para inscribirse nas actividades da programación de outono hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal indicando a actividade ou actividades nas que se quere participar. Haberá que enviar un impreso de inscrición por persoa. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.