- Tipo
- Tematica
A parroquia de Agrón celebra o sábado 7 e domingo 8 de outubro as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da banda municipal de Brión. Haberá carpa, servizo de cantina no campo da festa e aparcadoiro gratuíto.
A parroquia de San Lourenzo de Agrón celebra o sábado 7 e domingo 8 de outubro as festas na honra de San Andrés e da Virxe do Rosario. As celebracións están organizadas pola Asociación Cultural e a Comisión de festas de San Lourenzo de Agrón, e contan coa colaboración do Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura.
O programa festivo do domingo 8 comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne na honra da Virxe do Rosario. Deseguido, e como parte do programa “Música nas parroquias” da Concellaría de Cultura, haberá sesión vermú a cargo da banda municipal de Brión e do Trío Rubí. Tralo xantar, ás 18.00 horas, haberá sesión de tarde a cargo do Trío Rubí.
Servizo de polbeira
Ademais, o domingo 8 contarase con servizo de polbeira no campo da festa. O menú inclúe empanada, polbo, churrasco, pan, postre, viño, refrescos, café e chupitos. O prezo do menú para as persoas adultas é de 35 euros, mentres que os nenos e nenas de 5 a 10 anos pagan 15 euros por menú. As persoas que queiran adquirir os tíckets de xeito anticipado, pódeno facer contactando cos integrantes da comisión de festas.