Mércores, 11 outubro, 2023
- Tematica
Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico/a, funcionario/a de carreira, contida na oferta de emprego público 2022 do Concello de Ames
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira, arquitecto/a técnico/a, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).