Pestanas principais

A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra - Muxía organiza un curso sobre economía circular no turismo os días 8 e 9 de novembro en Corcubión

Venres, 27 de outubro de 2023

O Concello de Ames, a través da área de Turismo, informa sobre o curso de economía circular no turismo, que organiza a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra – Muxía, da que forma parte Ames xa que polo termo municipal amesá discorre parte do trazado dese Camiño. O curso realizarase os días 8 e 9 de novembro no salón de plenos da Casa do Concello de Corcubión. O obxectivo é mellorar a calidade do servizo e fomentar a sustentabilidade. O curso busca difundir ferramentas para que os profesionais do sector turístico poidan ofrecer unha atención de calidade no Camiño Fisterra – Muxía, aumentando a calidade e sustentabilidade do sector. O curso está pensado para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 30. Premendo nesta ligazón podes inscribirte no curso.

A Asociación Concellos Camiño Fisterra – Muxía, do que forma parte o Concello de Ames, organiza un curso formativo sobre economía circular no turismo, co obxectivo de mellorar a calidade do servizo e fomentar a sustentabilidade. O curso busca difundir ferramentas para que os profesionais do sector turístico poidan ofrecer unha atención de calidade no Camiño Fisterra – Muxía, aumentando a calidade e sustentabilidade do sector.

O curso será impartido por profesionais con experiencia en turismo, sustentabilidade e economía circular, e dividirase en catro bloques temáticos. O curso levarase a cabo o 8 e 9 de novembro de 2023, no salón de Plenos do Concello de Corcubión. O primeiro bloque e mailo segundo impartirase o día 8, mentres que o terceiro e mailo cuarto bloque impartiranse o día 9 de novembro. O curso está pensado para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 30. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo do curso.

O obxectivo é mellorar a calidade do servizo e fomentar a sustentabilidade. As inscrición pódense facer premendo nesta ligazón. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 6 0 0  9 4 2  3 0 7 ou escribir aos enderezos de correo electrónico: camino@alanzada.net / icsem@icsem.es.

Cartaz do curso sobre economía circular

Multimedia

  • Cartaz do curso sobre economía circular
  • Cartaz do curso sobre economía circular