Pestanas principais

>Xornadas Achégate á Igualdade

Xoves, 16 novembro, 2023
Ás 9.00 horas

O programa de actividades dará comezo o xoves 16 de novembro coas XIII Xornadas Achégate á Igualdade que este ano teñen como lema  “Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades”. Trátase dunha xornada gratuíta que se vai a organizar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo xornada.ames@gmail.com indicando o nome, apelidos e lugar de residencia. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A xornada comeza ás 9.00 horas co acto institucional de apertura. De seguido, ás 9.30 horas haberá unha mesa redonda no que se abordará “A forza do desexo fronte aos roles de xénero establecidos no deporte”. Participarán Juan Carlos Permuy, psicólogo e coordinador de programas de CoidadosÁmente en Santiago de Compostela. Intervirán en dita mesa como relatoras: Verónica Boquete, futbolista na A.C.F. Fiorentina (Italia); Carlo Signiorini, patinador en categoría nacional do CPA Ágora de Boqueixón; Martín Casal, ximnasta do Club de ximnasia rítmica Viravolta de Santiago de Compostela; Angy Nogueira, xogadora de fútbol sala no FC Meigas de Ames; e María Pérez, adestradora de fútbol sala do FC Meigas de Ames.

Posteriormente, ás 10.30 horas impartirase a conferencia “Nós sumamos. Reformas: desculpen as molestias”. Será presentada por Belén Montesa, psicóloga e coordinador de programas de CoidadosÁmente en Santiago de Compostela. Dita conferencia será impartida por Silberio Sáez, doutor en psicoloxía e sexólogo. É codirector de AMALTEA Sexoloxía en Zaragoza.

As 12.00h farase unha breve pausa de media hora para retomar as actividades as 12.30 h coa conferencia “Os homes ante o reto da igualdade”, que será presentada pola psicóloga do CIM do Concello de Ames, Mónica Antelo. A conferencia será impartida por Ritxar Bacete, pai de familia numerosa, antropólogo, traballador social e coordinador de Equimundo Center for Masculinities & Social Justice en España (Victoria).

De 14.00h a 16.00 horas farase unha parada para xantar. Pola tarde, de 16.00h a 18.00 horas, impartiranse dous obradoiros simultáneos para profesionais (haberá que escoller un deles). O primeiro taller é “Os homes e a igualdade. Outros modelos de masculinidade para previr a violencia de xénero e os abusos sexuais”. Será presentado por Miriam Otero, coordinadora de programas preventivos de coidadosÁmente en Santiago de Compostela. Imparte o obradoiro, Silberio Sáez, doutor en psicoloxía e sexólogo. É codirector de AMALTEA Sexoloxía en Zaragoza.

O segundo taller é “Claves para comprender as masculinidades e ferramentas de intervención con homes”. Preséntao María Teresa Arufe, asesora xurídica e directora do CIM do Concello de Ames. O obradoiro será impartido por Ritxar Bacete, pai de familia numerosa, antropólogo, traballador social e coordinador de Equimundo Center for Masculinities & Social Justice en España (Victoria).