- Tipo
- Tematica
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o 23 de novembro, ás 20:00 h a actuación do pianista Álvaro Sieira. Cunha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos, o artista ofrece unha viaxe sonora por distintos países e épocas da historia musical coas obras máis emblemáticas de compositores como Beethoven ou Brahms.
Sieira deu concertos por toda España coas obras para piano máis representativas dos grandes compositores. Os máis recentes foron en León (Fundación Eutherpe), Santiago de Compostela (Auditorio do Edificio Fontán, Ciudad da Cultura), en Madrid (Madrid Music Hall), Ourense (Liceo Ourensán, CMUSOU, conservatorio Karl Nielsen), nos Conservatorios superiores de Vigo e A Coruña, en Braga (museo Nogueira da Silva), e en cidades como Verín, Xinzo, Oviedo e Alacante, entre outras.