- Tematica
A empresa amesá Escuela Inventa organizou este sábado 2 de decembro a vixésimo terceira edición do evento "Lab Class – Más que palabras", coa colaboración do Concello de Ames. Relatores e relatoras noveis de diferentes sectores empresariais realizaron exposicións nas que compartiron as súas ideas e experiencias profesionais poñendo a proba as súas habilidades comunicativas. O evento tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro en horario de 11.00 horas a 18.00 horas.
O evento serviu como última proba para as persoas participantes nun dos seminarios de Escuela Inventa para aprender e mellorar a falar en público, cunha experiencia real que lles permitiu ensaiar as técnicas adquiridas durante a formación comunicativa. Nas exposicións, etiquetadas como “Momentos Inspiradores”, introduciron ideas, visións e aprendizaxes relacionadas coas súas propias traxectorias profesionais.
O acto formativo contou coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, que abriu o acto xunto ao director da Escola Inventa, Eloy Gesto, na que tamén participou Antonio Meijome, exalumno da escola e poñente na XXII edición da “Lab Class”. Na entrevista repasaron a realidade de Ames nos últimos tempos, así como o crecemento do municipio experimentado dende o inicio do século e a aposta pola formación e a conciliación existente por parte do Concello de Ames: ”No ano 2000 eramos 16.000 persoas, hoxe estamos preto de 32.000. Este crecemento tan rápido explícase a debido a que Ames da resposta á gran demanda urbanística na área de Santiago e a nosa gran rede de servizos de conciliación, que fan de Ames un lugar moi atractivo para construír un proxecto de vida”. Esta declaracións son respaldadas polos recentes datos que sitúan a Ames como o único municipio da comunidade que medra, cun saldo vexetativo positivo.
Nas poñencias dos momentos inspiradores participaron Alfonso Viejo Riera (Xerente de A2 electricidade), Álvaro Solano García (CEO Scalify Agency), Ana Corrales Pérez (Directora pedagóxica Canal Educación Apple), Ana Pérez Lobato (Área de Innovación Grupo Servicio Móvil), Carmen Trujillo Cerna (Directora Residencia Anajoen), Concha Ballester (Directora de Sanysa do Levante), Ingrid Guerrero Klein (Axente de Medio Ambiente), Jesús Díaz Sánchez-Aranzueque (Terapeuta para a Prevención e Rehabilitación do Tabaquismo, Alcoholismo e Adiccións), Jesús Á. Fernández (Policía Local), Khadija Al Mansouri Umpierrez (Técnico de Educación Infantil), Lizbeth Patiño Espinoza (Empresaria do Sector Alimentación), Mayte Garrote Vélez (Directora en Different Estilistas), Óscar González Calzada (emprendedor vinícola e escritor) e Victoria E. Villalba González (Abogada, empresaria e coach).
O evento desenrolouse de forma que comezou coa presentación e a entrevista de Eloy Gesto ao alcalde de Ames, Blas García, seguida de “Momentos Inspiradores” e “Entrevistas ONE to ONE”, para despois facer unha pausa/networking e realizar unha segunda ronda destas dúas actividades.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "La empresa amiense Escuela Inventia pone a prueba la oratoria de emprendedores noveles"