Pestanas principais

Música, luces e chocolate con churros para darlle a benvida ao Nadal no Concello de Ames

Luns, 11 de decembro de 2023

O pasado sábado 9 de decembro o Concello de Ames comezou a celebrar o Nadal co tradicional acendido das luces. O acto, celebrado na praza do Concello de Bertamiráns, acolleu este tradicional acto no que participaron o combo da Escola Municipal de Música de Ames e os coros Voces de Maía e Elelas, sendo representantes destes últimos coros os encargados de premer o botón de acendido xunto ao alcalde, Blas García.

Este xesto, segundo puntualizaou o rexedor, débese á vontade do Goberno e da Corporación de agradecerlle todo o traballo que fixeron e todo o que aportan na actualidade á sociedade amesá: “Ames é o Concello máis novo de Galicia e un dos máis novos de España, pero iso non quere dicir que nos esquezamos dos nosos maiores”.

A iluminación estará operativa en horario de 18.00 horas a 02.00 horas dende o pasado 9 de decembro ata o día 6 de xaneiro (incluído).

Música, churros e chocolatada
Segundo os cálculos calcúlase que se repartiron máis de 6.000 churros e máis de 700 litros de chocolate nunha celebración na que o combo municipal da Escola de Música Municipal de Ames (EMMA), o coro de Voces da Maia e o coro Elelas puxeron a música.

A iluminación
Este ano, instaláronse máis de 140 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas de todo o concello. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo e, entre ditos elementos destacan os máis de 100 arcos decorativos, a árbore artificial iluminada de 15,5 metros localizada na zona de estacionamento da rúa Agro do Medio, no Milladoiro (onde se atopa o SuperCor) e unha bola xigante de 5,5 metros de diámetro instalada na praza da Madalena, tamén no Milladoiro.

Colocouse tamén unha “A tridimensional” de Ames de 2,5 metros de alto na praza do Concello; e un motivo luminoso co número 2024, de dous metros de alto, na praza da Maía, en Bertamiráns. Tamén se instalou unha manta de luces que se colocou como se fose un teito de luces na rúa Anxeriz do Milladoiro.

Como novidade, este ano colocáronse diferentes elementos decorativos, elaborados con material de refugallo, na entrada do parque empresarial do Milladoiro.

As rúas que disporán de decoración son aquelas que concentran un maior número de paseantes, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As prazas, os farois e as fachadas dos principais edificios municipais engalanaranse tamén para as festas.

Así mesmo, as persoas que visiten os principais núcleos urbanos serán recibidas e despedidas con mensaxes de Boas Festas, que se situarán nas entradas e saídas dos principais tramos municipais. O alumeado permanecerá acendido en horario de 18.00 a 02.00 horas ata o día 6 de xaneiro (incluído).

Acto de acendido das luces de Nadal

Multimedia

  • Acto de acendido das luces de Nadal
  • Acto de acendido das luces de Nadal
  • Acto de acendido das luces de Nadal
  • Acto de acendido das luces de Nadal
  • Acto de acendido das luces de Nadal
  • Acto de acendido das luces de Nadal
  • Acto de acendido das luces de Nadal