Pestanas principais

Aberto o prazo para inscribirse no obradoiro de son que se vai impartir na Factoría, en Biduído

Mércores, 13 de decembro de 2023

O Concello de Ames, a través do departamento de Xuventude, organiza por primeira vez durante as vacacións de Nadal unha master class musical para a mocidade relacionada coa produción e gravación musical. A actividade, orientada a mozos e mozas a partir de 14 anos, desenvolverase os días 27 e 28 de decembro en horario de 11:00 a 13:30 horas no local de A Factoría en Biduído. Para inscribirse haberá que enviar, entre o 13 e o 20 de decembro, o impreso de inscrición cuberto e asinada ao enderezo de correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

Hoxe, 13 de decembro, abre o prazo para que aqueles rapaces e rapazas interesado/as se inscriban no obradoiro de son que organiza o Concello de Ames a través do departamento de Xuventude. Trátase dunha master class musical relacionadas coa produción e a gravación musical. A través desta actividade facilítase o coñecemento do local de ensaio de A Factoría, dispoñible para a mocidade, e do novo material de estudio.

Datas e prazas dispoñibles
Esta actividade desenvolverase os días 27 e 28 de decembro, entre as 11:00 e as 13:30 horas, no local de ensaio A Factoría, en Biduído. Poderán inscribirse todos/as os/as mozos/as interesados/as en formarse en material musical, dende os 14 anos cumpridos, enviando a ficha cuberta e asinada, entre o 13 e o 20 de decembro, ao enderezo de correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

As prazas son limitadas (15 por orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles). En caso de completarse as prazas, organizaríase outra quenda noutras datas.

Contidos dos obradoiros
Para esta actividade contarase con persoal profesional, técnico de son e audiovisuais. O formador impartirá para a mocidade que se inscriba unha Master Class sobre o funcionamento do local e do material técnico de son e gravación, para que poidan facer un uso responsable e sacarlle o máximo proveito ao equipamento.

Obxectivos
A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, explica que “con esta iniciativa búscase non só iniciar á mocidade no funcionamento dun estudo de gravación e nas dinámicas dun grupo musical, senón tamén promover e dar a coñecer o local de ensaio A Factoría para aproveitar ao máximo os recursos cos que conta”.

Ademais, este obradoiros de son permitirá amosar as novas posibilidades que ofrece o material técnico para facer gravacións sinxelas por parte dos grupos de música que xa ensaian no local ou que nun futuro se poidan interesar nel.

Obradoiro de Son

Multimedia

  • Cartaz do Obradoiro de Son