Pestanas principais

A escola de karate Dokkodo logra catro medallas na primeira xornada da liga galega

Martes, 26 de decembro de 2023

O pasado sábado 23 de decembro celebrouse en Ferrol a primeira xornada da Liga Galega de Karate, poñendo o broche de ouro ao ano 2023 para a escola amesá de karate Dokkodo. No evento participaron tres dos seus deportistas, conseguindo todos eles unha medalla en distintas modalidades.

A xornada comezou coa modalidade de kata, onde Tiago Blanco, Xián Blanco Calvo e Bruno Varela Paz demostraron as súas habilidades.

Na categoría alevín masculino iniciación, Bruno Varela Paz competiu en tres roldas, gañando as dúas primeiras e perdendo a terceira sen opción a repesca. Pola súa banda, na mesma categoría, Xián Blanco Calvo executou un total de cinco katas, gañando todos os encontros por 3-0 cunha actuación que lle valeu a medalla de ouro.

Tamén en kata, pero na categoría benxamín masculino avanzado, Tiago Blanco Calvo disputou a final, impoñéndose 3-0 ao seu rival e gañando a medalla de ouro.

Na modalidade de kumite, Bruno Varela obtivo a vitoria na final alevín masculino >34kg Iniciación cun 7-6, o que lle valeu a medalla de ouro. Pola súa parte, na categoría alevín masculino <34kg Avanzado, Xián Blanco gañou nas semifinais por 3-1, pero perdeu a final por 7-1, o que lle valeu a medalla de prata nesta categoría.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Dokkodo logra catro medallas na primeira xornada da liga galega de karate"

A escola de karate Dokkodo logra catro medallas na primeira xornada da liga galega

Multimedia

  • A escola de karate Dokkodo logra catro medallas na primeira xornada da liga galega