Pestanas principais

Implantación dos novos servizos de 4G e 5G que ofrecen as principais operadoras de telefonía móbil

Martes, 16 xaneiro, 2024
A entidade Llega 700 púxose en contacto co Concello de Ames para informar á veciñanza de que durante as próximas semanas as principais operadoras de telefonía móbil van implantar en Ames os novos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, que se habilitan sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Dito proceso pode afectar á recepción do sinal de TDT. Para resolver posibles problemas na recepción da sinal TDT pódese chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999.

As operadoras de telefonía móbil anunciaron que durante as próximas semanas realizarán o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para obter máis información pódese acceder á páxina web de Llega 700.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese premer nesta ligazón.

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura
Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT
Lega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que se encargará de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.

Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web (www.llega700.es).

Multimedia