Pestanas principais

A escola de karate Dokkodo logra cinco medallas na segunda xornada da Liga galega de karate

Xoves, 25 de xaneiro de 2024

O pasado 20 de xaneiro celebrouse en Santiago de Compostela a segunda xornada da Liga galega de karate. Nesta cita, a escola amesá Dokkodo acudiu con nove deportistas, sendo para algúns deles o seu debut en competición oficial.

A xornada comezou coas categorías xuvenil e cadete. Santiago Ribas, a pesar de ser a súa primeira competición, conseguiu a medalla de bronce en kumite, na categoría xuvenil masculino <36kg iniciación. Tamén en kumite competiu Raúl Rodríguez, que obtivo a quinta posición na categoría cadete masculino <52kg avanzado.

Xa pola tarde foi a quenda dos máis pequenos. Dos debutantes na competición, Maximiliano Cobeña conseguiu a quinta posición en kumite, na categoría alevín masculino <34kg iniciación; mentres que Martín Campos obtivo a medalla de prata en kumite na mesma categoría. Tamén en kumite conseguiron Jadel Rodríguez e Bruno Varela a medalla de ouro nas categorías infantil masculino <45kg avanzado e alevín masculino >34kg iniciación respectivamente. Pola súa banda, Xián Blanco,  que competía por primeira vez en kata avanzado logo do ouro da anterior xornada, perdeu sen opción á repesca e clasificouse no 5º posto en kumite alevín <34kg avanzado.

Na modalidade de kata, Tiago Blanco revalidou o ouro conseguido na primeira xornada na categoría benxamín masculino avanzado.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Jóvenes campeones de kárate en Ames"

A escola de karate Dokkodo logra cinco medallas na segunda xornada da Liga galega de karate

Multimedia

  • A escola de karate Dokkodo logra cinco medallas na segunda xornada da Liga galega de karate