Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 30 de xaneiro de 2024

NOVAS

O Concello de Ames presentou esta mañá na praza de Chavián, en Bertamiráns, a programación “Entroido Ames 2024”, que se vai desenvolver durante o mes de febreiro. Dita programación está organizada en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Haberá dous conc ...

A programación cultural de 2024 continúa este venres, 2 de febreiro, ás 20:30 horas, coa representación da comedia “Made in Galiza”. O espectáculo, producido por Sarabela Teatro, está baseado na novela homónima de Séchu Sende. Os convites xa se poden adquirir na

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 30 de xaneiro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de  15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a segur ...

AXENDA

O luns 12 de febreiro, a partir das 17:00 horas, celebrarase na Praza de Chavián de Bertamiráns a Festa e o Concurso Infantil de disfraces. Durante a celebración actuará Pedeslán, co seu espectáculo "Entroidanzas". Ademáis, haberá música e un obradoiro de maquillaxe, entre outros.

O domingo 11 de febreiro, a partir das 17:00 horas, O Milladoiro acollerá o desfiñe de Entroido, con saída desde a Casa da Cultura. Posteriormente, ás 18:00 horas, terá lugar a cerimonia de entrega de premios do concurso de disfraces na Praza de Manuel Murguía. Haberá unha actuación music ...

O sábado 10 de febreiro, a partir das 17:30 horas, celenbrarase na Praza de Chavián de Bertamiráns a Festa de Entroido 2024. Haberá unha exhibición de baila a cargo de DanzaYa e actuarán os coros do Amessan Elelas e Voces da Maía, así como a charanga tributo Carlinhos Brown.

O venres 9 de febreiro, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o Festival de Entroido da Escola Municipal de Música (EMMA). A entrada será de balde ata completar o aforo.

O martes 7 de febreiro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o Concerto Miúdo da man dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames. A entrada será de balde ata completar aforo.