Pestanas principais

Cese das emisións de TDT en definición estándar

Martes, 13 febreiro, 2024
O Concello de Ames dá traslado deste comunicado enviado pola FEGAMP sobre o cese das emisións de TDT en definición estándar:

Ante a previsión do fin das emisións en calidade estándar (SD) da TDT para o vindeiro 14 de febreiro de 2024, despois de que se ampliase o prazo desde o 1 de xaneiro de 2023, e das informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre a afectación desta situación aos concellos e usuarios que teñen que empregar un decodificador vía satélite en Galicia, dende a FEGAMP achegamos a seguinte información tanto do Ministerio de Transformación Dixital como da Xunta de Galicia.

No caso do Ministerio de Transformación Dixital, facilitaron a seguinte información:

Para saber se dispón de cobertura de TDT na súa localidade, pode:
1.- A través do buscador de frecuencias introducindo o seu código postal, na ligazón
    • https://televisiondigital.mineco.gob.es/2DD-5G/Paginas/Que-tengo-que-hac...

2.- Pórse en contacto co seu instalador de telecomunicacións habitual, que lle indicará cal é o estado de cobertura no lugar de seu interese. Para localizar un instalador de telecomunicacións rexistrado na súa localidade, pode consultar o Rexistro de Instaladores de Telecomunicación da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais:
    • https://avancedigital.mineco.gob.es/RegistroInstaladores/Paginas/Consult...

Para atender todas as cuestións dos concellos sobre este asunto púxose en marcha a Oficina Técnica de Ayuntamientos (OTA) e se lles pode contactar por:
    • e-mail: ayuntamiento@llega700.es
    • Teléfono: 900 831 902

Para máis información, novas e temas de interese
    • https://televisiondigital.gob.es

No caso da Xunta de Galicia, a Secretaria Xeral de Medios diríxenos á Oficina da TDT en Galicia:
    • Teléfono: 881 866 388
    • Correo electrónico: oficinatdt@xunta.gal
    • Páxina web: www.tdtgalicia.gal

Sobre as axudas anunciadas polo presidente da Xunta de Galicia despois do Consello de Goberno do pasado xoves 8 de febreiro, solicitouse á Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia que envíe a información sobre como poder percibir e xestionar esas axudas, para achegala inmediatamente á veciñanza.