- Tematica
A pasada fin de semana Nicolás Collazo e María Estévez, dous atletas do club Ames Atletismo, acudiron aos campionatos de España por federacións de marcha atlética e ao sub 18 short track nos 800 m respectivamente. Os dous atletas amesás remataron con nota a primeira parte da tempada e xa comezan a preparar as competicións de aire libre cos Campionatos de España como obxectivo.
A fin de semana pasada, a actual subcampiona galega sub18, María Estévez, participou no Campionato de España sub 18 short track nos 800 ml que tivo lugar en Sabadell. Nunha complicada semifinal loitou ata o último metro para acadar unha meritoria quinta posición, pechando así un fantástico comezo de tempada na pista cuberta.
Pola súa banda, Nicolás Collazo, campión galego dos 10 km marcha, representaba á selección Galega no Campionato de España por federacións de marcha atlética celebrado en Zaragoza. Nunha gran actuación nos 10 km marcha en ruta destrozou o seu mellor rexistro, logrando unha gran sexta posición.
Novas relacionadas:
Ames Go: "Dous atletas do club Ames Atletismo participaron nos dous Campionatos de España"