- Tematica
Ao longo de marzo, o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebra tres charlas sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en hábitos saudables e do ámbito da saúde. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están organizadas dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade e coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames. Ditas conferencias desenvólvense na Casa dos Maiores de Bertamiráns.
Estes coloquios estanse impartindo en Bertamiráns, na Casa dos Maiores, sempre ás 18:30 horas. A psicóloga Mónica Antelo será a encargada de impartir a segunda charla, baixo o título “Quen coida o coidador”, este mércores día 13 de marzo.
Nesta conferencia daranse algunhas recomendacións para que as mulleres que coidan doutras mulleres aprendan a xestionar a carga emocional e física que implican estes coidados, e delegar estas tarefas noutras persoas da súa contorna.
O vindeiro mércores, 20 de marzo, será a quenda de Pablo Fernández, adestrador en BJ trainers & Co, que presentará a charla “Exercicios en mulleres maiores”.
As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están financiadas polo Pacto de Estado contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad, e contan coa colaboración do departamento de Benestar Social e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames.