Pestanas principais

A escola Dokkodo logra seis medallas na terceira xornada da Liga galega de karate

Martes, 23 de abril de 2024

A pasada fin de semana celebrouse en Cedeira a terceira xornada da Liga galega de karate. Nesta cita, a escola amesá Dokkodo acudiu con nove deportistas, sendo para algúns deles o seu debut en competición oficial.

A mañá comezou coas categorías Xuvenil e Cadete, con Santi Ribas e Raúl Rodríguez como representantes da escola Dokkodo. Na modalidade de kata, Santi foi eliminado na primeira volta sen opción de repesca, mentres que Raúl obtivo a 5ª posición logo de realizar 3 katas. Na modalidade de kumite, os dous obtiveron a medalla de bronce das súas respectivas categorías despois  dun gran traballo no tatami.

Pola tarde foi a quenda dos máis pequenos. En categoría benxamín, Tiago Blanco fíxose coa medalla de prata na modalidade de kata. En kata alevín, participaron Bruno Varela, Martín Campos, Maxi Cobeña e Xián Blanco, e tanto Xián como Martín conseguiron o 5º posto das súas categorías.

Unha vez rematada a competición de kata, deuse paso ao kumite. Jadel Rodríguez proclamouse campión da categoría Infantil >45Kg avanzado, e Bruno Varela e Xián Blanco disputaron a final do Alevín >34Kg, na que conseguiron o ouro e aprata respectivamente. Pola súa banda, Martín Campos e Maxi Cobeña conseguiron a quinta posición nas súas respectivas categorías.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Dokkodo consegue seis medallas na terceira xornada da liga galega de karate"

A escola de karate Dokkodo logra seis medallas na terceira xornada da Liga galega de karate

Multimedia

  • A escola de karate Dokkodo logra seis medallas na terceira xornada da Liga galega de karate